A finalidade do grao elemental dos ensinos de música é promover a autonomía do alumnado para que a súa capacidade de expresión musical adquira a calidade artística necesaria que permita acceder ao grao profesional.
O ensino da música no grao elemental organízase en catro cursos e cada curso terá un desenvolvemento de contidos de 4 horas semanais.
O grao elemental dos ensinos de música contribuirá a desenvolver no alumnado as seguintes capacidades.
– Apreciar a importancia da música como linguaxe artística e media de expresión cultural dos pobos e das persoas.
– Expresarse con sensibilidade musical e estética para interpretar a música de diferentes épocas e estilos, gozar con ela e enriquecer as propias posibilidades de comunicación e de realización persoal.
– Coñecer e valorar a importancia da respiración e do dominio do propio corpo no desenvolvemento da técnica instrumental, da calidade do son e da interpretación.
– Relacionar os coñecementos musicais coas características da escritura e da literatura do instrumento da especialidade, coa finalidade de adquirir as bases que permitan desenvolver a interpretación artística.
– Interpretar en público, coa necesaria seguridade en si mesmo, para vivir a música como medio de comunicación.
– Interpretar música en grupo habituándose a escoitar outras voces ou instrumentos, e adaptarse armónicamente ao conxunto.
– Ser consciente da importancia do traballo individual e adquirir a capacidade de escoitarse e ser crítico consigo mesmo.
– Valorar o silencio como elemento indispensable para o desenvolvemento da concentración, a audición interna e o pensamento musical.
– Ser consciente da importancia dunha escoita activa como base imprescindible na formación de futuros profesionais.
– Fomentar a utilización do patrimonio musical en xeral, e a do galego en particular, como medio indispensable no enriquecemento da persoa e da súa formación musical.
Piano
Guitarra
Baixo e Guitarra eléctrica
Linguaxe musical (2 h. semanais)
Educación auditiva e vocal (1 h. semanal)
Instrumento (1 h. semanal)
Para acceder aos ensinos de grao elemental de música será requisito imprescindible superar unha proba específica de acceso, que garanta os principios de igualdade, mérito e capacidade.
O procedemento de acceso ao primeiro curso de grao elemental atenderá exclusivamente á avaliación das aptitudes musicais de acódelas aspirantes e á idade idónea para iniciar os seus estudos nas especialidades instrumentais. En todo caso, a idade mínima de acceso será de oito anos e a máxima de catorce anos, cumpridos ou por cumprir dentro do ano natural.
A proba para avaliar as aptitudes musicais incluirá, polo menos, os seguintes aspectos:
a) Exercicio para avaliar a aptitude rítmica.
b) Exercicio para avaliar a aptitude auditiva e vocal.
c) Exercicio para avaliar a aptitude psicomotriz.
INFORMACIÓN ACCESO A GRAO ELEMENTAL: CURSO 2022/23
PROBAS DE ACCESO a 1º de grao ELEMENTAL:
-
Esta proba non presupón o coñecemento musical
-
PARA MÁIS INFORMACIÓN contacte connosco no tfno. 678 18 73 76
PROBAS DE ACCESO a outros cursos de grao ELEMENTAL:
-
Poderase acceder a calquera outro curso do grao elemental sen ter superados os anteriores, sempre que se supere a correspondente proba. En calquera caso, o acceso a outro curso do grao elemental estará supeditado á existencia de prazas vacantes na especialidade solicitada.
-
Estas probas avaliarán, ademais das aptitudes e da idade idónea, a capacidade e os coñecementos dos alumnos e das alumnas para continuar os estudos nas especialidades instrumentais para as que se solicite a praza.
-
PARA MÁIS INFORMACIÓN contacte connosco no tfno.: 678 18 73 76
CERTIFICADO E DIPLOMA:
O alumnado recibirá, ao finalizar o gradou elemental, un certificado educativo en o que consten os cursos e as materias, asíco mo as cualificacións obtidas así como un diploma acreditativo