*******
Os ensinos profesionais de música teñen como finalidade proporcionar ao alumnado unha formación artística de calidade e garantir a cualificación dos futuros profesionais da música.
Ordénase en catro funciones básicas: formativa, orientadora, profesionalizadora e preparatoria para estudos posteriores.
O ensino da música no grao profesional organízase en seis cursos.
Os ensinos profesionais de música teñen como obxectivo contribuír a desenvolver no alumnado as capacidades xerais e os valores cívicos propios do sistema educativo.
– Habituarse a escoitar música e establecer un concepto estético que permita fundamentar e desenvolver os propios criterios interpretativos.
– Desenvolver a sensibilidade artística e o criterio estético como fonte de formación e enriquecemento persoal.
– Analizar e valorar a calidade da música.
– Coñecer os valores da música e optar polos aspectos xurdidos dela máis acomodados para o desenvolvemento persoal.
– Participar en actividades de animación musical e cultural que permitan vivir a experiencia de transmitir o goce da música.
– Coñecer e empregar con precisión o vocabulario específico relativo aos conceptos científicos da música.
– Coñecer e valorar o patrimonio musical como parte integrante do patrimonio histórico e cultural.
– Tomar conciencia da importancia dunha escoita activa como base imprescindible na formación de futuros profesionais.
– Fomentar a utilización do patrimonio musical en xeral, e a do galego en particular, como medio indispensable no enriquecemento da persoa e da súa formación musical.
Baixo eléctrico
Guitarra
Guitarra eléctrica
Piano
Os ensinos profesionais de música organízanse nas materias seguintes:
1.- Materias comúns ás especialidades instrumentais:
Instrumento
Linguaxe musical
Harmonía
Análise
Historia da música
Novas tecnoloxías aplicadas á música
2.- Materias propias das especialidades instrumentais:
Música de cámara (nas especialidades de guitarra e piano)
Conxunto (nas especialidades de baixo eléctrico, guitarra, guitarra eléctrica, e piano)
Coro (nas especialidades de baixo eléctrico, guitarra, guitarra eléctrica e piano)
Repentización e acompañamento (nas especialidades de baixo eléctrico, guitarra, guitarra eléctrica e piano)
Piano complementario (nas especialidades de baixo eléctrico, guitarra, guitarra eléctrica)
INFORMACIÓN ACCESO A GRAO PROFESIONAL CURSO 2022/23
PROBAS DE ACCESO a 1º grao PROFESIONAL:
ACCESO AO PRIMEIRO CURSO:
Para acceder ao primeiro curso de ensinos profesionais de música será necesario superar unha proba específica de acceso.
Mediante esta proba valorarase a madurez, as aptitudes e os coñecementos para cursar con aproveitamento os ensinos profesionais.
ACCESO A OUTROS CURSOS:
Poderase acceder a calquera outro curso dos ensinos profesionais sen cursar os anteriores sempre que, a través dunha proba, acódea aspirante demostre posuír os coñecementos necesarios para cursar con aproveitamento os ensinos correspondentes.
PROMOCIÓN:
O alumnado promocionará ao curso superior cando teña superadas as materias cursadas ou teña avaliación negativa, como máximo, en dúas materias.
TITULACIÓN:
O alumnado que supere os ensinos profesionais de música obterá o título profesional de música, onde constará a especialidade cursada.